Pasar al contenido principal

Luz Gigirey tomou posesión como directora da Escola de Óptica e Optometría

A nova directora de Óptica pronuncia o seu discurso diante do reitor Casares
A nova directora de Óptica pronuncia o seu discurso diante do reitor Casares

“Traballar na Universidade de Santiago significa estar sempre ligado ao futuro e, asemade, sentirse orgullosa do pasado”. Con estas palabras iniciou a súa intervención a profesora Luz Gigirey Prieto no acto de toma de posesión como directora da Escola de Óptica e Optometría da USC, celebrado este xoves en San Xerome baixo a presidencia do reitor Juan Casares. A implantación do título de grao en Óptica e Optometría, a posta en marcha dun curso complementario para a adaptación dos profesionais en exercicio ao EEES e o desenvolvemento do Servizo de Optometría son tres dos retos que o novo equipo asume que deberá acometer. Para acadar os seus obxectivos, Luz Gigirey apostará polo traballo cos grupos, unidades e servizos do centro “ para establecer os valores de calidade, innovación e fiabilidade”, tendo como meta “conseguir incrementar o noso liderado nacional e internacional”. Con este toma de posesión, a profesora Luz Gigirey asume “un reto” que como tal “implica liderar un proxecto que invita permanentemente ao diálogo” para o que vinculará “intelixencia con confianza e esforzo colectivo, ferramentas que para todos nós deberían pertencer ao ámbito do habitual”. Completarán o equipo de dirección de Óptica e Optometría Carmen Bao, como subdirectora, e Jorge Gilino, como secretario. Luz Gigirey Prieto Doutora en Farmacia e diplomada en Óptica e Optometría, a profesora Luz Gigirey ten realizado o máster en Xestión e Política Universitaria pola Politécnica de Catalunya e o de Xestión de Hospitais e Empresas Sanitarias por EADA-Autónoma de Barcelona.

Polo que respecta á súa faceta investigadora, actualmente colabora coa Consellaría de Sanidade na asistencia audiolóxica a nenos do seu programa de cribado neonatal de xordeira e nunha liña que estuda o impacto da perda auditiva e visual na capacidade cognitiva da poboación galega maior de 60 anos.

O novo equipo de goberno de Óptica posa co Consello de Dirección da USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.09.2010.