Xeografía e Historia conmemora o Día Internacional da Muller Traballadora
Co debate 'Momento de mulleres, decisión de muller'
Co gaio da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, a Comisión de Cultura da Facultade de Xeografía e Historia organiza este martes 9 un acto conmemorativo.
Logo da proxección, ás 19:30 horas na Aula 9 da Facultade, do documental ‘Cienfuegos, 1913’, terá lugar un debate arredor da cuestión ‘Momento de mulleres, decisión de muller’ no que intervirán as profesoras Margarita Ledo Andión, María Xosé Agra e Mar Llinares.