Pasar al contenido principal

Proxéctase en Dereito o audiovisual 'Perú, cordilleira branca'

O audiovisual ‘Perú, cordilleira branca’ que os montañeiros Víctor Fidalgo Raposo, coordinador de Actividades na Natureza da Fundación USC Deportiva, e Alejandro López Sánchez, realizaron en 2009 durante a súa expedición ás montañas de Perú proxéctase hoxe mércores 3 na USC.
Logo da proxección, ás 20:15 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito, terá lugar unha charla-coloquio cos autores nun acto presentado polo actor Carlos Blanco e a monitora da Fundación USC Deportiva Silvia Calvo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.03.2010.