Pasar al contenido principal

A Aula de Práctica Empresarial da USC inicia unha quenda de visitas a centros de emprendemento e creación de empresas de Santiago e Lugo

A Aula de Práctica Empresarial (APE), organizada pola Cátedra Bancaja Mocidade Emprendedora da USC, inicia este mércores o seu calendario de actividades externas consistente na realización de catro visitas a lugares de especial interese pola súa vinculación co emprendemento e a creación de empresas.
Este mesmo mércores, os participantes na iniciativa visitarán o edificio Emprendia da USC. Seguiralle a vindeira semana, o mércores 17, un percorrido polo viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago. Xa o día 7 de abril, a visita desenvolverase polo centro do programa Uniemprende no Campus de Lugo e polo Centro de Innovación Empresarial-Nodus lugués. A quenda de visitas rematará o 14 de abril cun percorrido polo Polígono Industrial do Tambre en Santiago, onde ademais do Centro da Asociación Empresarial visitarán unha empresa emprazada nesta área.
Como novidade deste curso, os estudantes poderán participar nunha xornada de Outdoor Training, actividade ao aire libre que persegue o desenvolvemento de competencias relacionadas coa mellora do rendemento persoal e o traballo en equipo a través da práctica do deporte. Trátase do programa Greencoach e vaise desenvolver o día 12 de abril no campo de golf do Aeroclub de Santiago cos expertos en coaching Joaquín Dosil e Daniel Álvarez da empresa QCoach.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.03.2010.