Pasar al contenido principal

Sesión de cine no obradoiro de malabares de Lugo

Proxéctase o documental 'Man on wire' que relata a fazaña do equilibrista Phillipe Petit

O obradoiro de malabares e movemento do Espazo de Danza da USC que imparte Celso Pereira no Campus de Lugo acolle este mércores ás 19:00 no Salón de Actos da Escola Universitaria de Formación do Profesorado a proxección do documental ‘Man on wire’, dirixida a todo o público afeccionado ou interesado no mundo dos xogos malabares.
‘Man on wire’ narra a fazaña do equilibrista francés Phillipe Petit que, o 7 de agosto de 1974, conseguiu de xeito ilegal camiñar sobre un arame tendido entre as Torres Xemelgas de Nova Iorque. A exhibición, que rematou co seu arresto, chegou a ser considerada por algúns como o ‘crime artístico’ do século XX.
Esta película gañou o Gran premio do xurado e o Premio da audiencia ao mellor documental no Festival de Cine de Sundance de 2008. En 2009 recibiu o BAFTA á mellor película británica, así como o Independent Spirit Awards e o Óscar ao mellor documental longo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.03.2010.