Martxelo Otamendi, ex director de Egunkaria, nas xornadas 'O mundo na encrucillada: os desafÍos no Século XXI'
Os Comités Abertos de Facultade organiza unha xeira de conferencias sobre economía, xornalismo, lingua e movementos sociais para os días 19 ao 22 de abril na que contarán co ex director de Egunkaria, Martxelo Otamendi.
As charlas comezarán o luns 19 ás 12 horas na Facultade de Económicas e Empresariais cunha charla con directivos da empresa R, que farán unha análise do mercado galego e contarán o seu caso en particular. A actividade continuará ao longo do día arredor do rural, a crise e o europeísmo.
O martes 20 a actividade desprazarase á Facultade de Ciencias da Comunicación para tratar o tema da propiedade intelectual, o audiovisual galego, as linguas minoritarias no mundo globalizado, a precariedade laboral no xornalismo e a censura dos mass media. Participarán o ex director de Egunkaria, Martxelo Otamendi; o xornalista Miguel Anxo Murado; e o director do CPXG, Xosé Manuel Pereiro, entre outros.
A Facultade de Filoloxía acollerá as sesións do mércores 21, cando se aborde o tema da lingua, para volver a Económicas o xoves e tratar os movementos sociais.