Unhas xornadas en Física avalían as particularidades da enerxía xeotérmica
Expertos de diversas empresas do sector participan este mércores 28 e o xoves 29 nunha xornada dedicada á xeotérmica como fonte de enerxía renovable. Organízaa o Máster en Enerxías Renovables e Sustentabilidade e o grupo de Aplicacións Enerxéticas Sostibles.
Na Facultade de Física daranse cita representantes de EnergyLab, ISEMPA, REHAU, FAEPAC Hunosa que presentarán os conceptos básicos da xeotermia, os aspectos técnicos máis relevantes así como aplicacións específicas para vivendas e pequenas empresas.
O programa das xornadas inclúe ademais a presentación de dous proxectos emblemáticos no eido das renovables, o de aproveitamento xeotérmico das augas subterráneas das minas asturianas (Hunosa) e o do lago artificial das Pontes de García Rodríguez.