Pasar al contenido principal

Un concerto de gaita e órgano inaugura o ciclo 'Músicas a carón da Mosqueira' en Lugo

O concerto de gaita galega e órgano ‘A gaita vai á igrexa’ inaugura este luns 18 ás 20:30 horas na Igrexa Santiago A Nova o ciclo de música clásica ‘Músicas a carón da Mosqueira’ que se desenvolverá en Lugo ata o vindeiro 13 de decembro.
O recital ofrecerano dous recoñecidos compositores e intérpretes galegos como son Suso Vaamonde e Ernesto Campos, que recuperan espazos de incalculable valor cultural levando a música tradicional a auditorios tan singulares como as igrexas, as abadías ou as catedrais.
Sen máis aderezo cós seus instrumentos, estes dous músicos ofrecen un repertorio apto tanto para o público xeral como para o auditorio máis esixente, como demostrou o éxito que acadaron coas súas actuacións en España e Alemaña.
O programa de ‘Músicas a carón da Mosqueira’ continuará o día 22 de febreiro cun concerto de corda da man do Trío D,Anches; o 1 de marzo, cun recital de guitarra clásica con Juan Ignacio Rueda; o 12 de abril, cun concerto de corda do Cuarteto Álbeniz Prosegur; o 10 de xuño, coa actuación da Orquestra Rogelio Groba; e rematará o 13 de decembro coa presentación do novo disco do coro Solo Voces, un traballo que dedican integramente á cidade de Lugo facendo unha panorámica da música vocal composta na provincia nos dous últimos séculos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.01.2010.