Pasar al contenido principal

Xa á venta nas librarías a primeira 'Guía verde de Santiago'

A primeira ‘Guía verde de Santiago’, resultado dun convenio entre o Museo de Historia Natural ‘Luis Iglesias’ da USC e Alvarellos Editora e coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Santiago, pode xa adquirirse nas librerías.
Na guía ofrécese un percorrido alternativo e inédito polos xardíns da cidade, aspecto moi pouco tratado ata hoxe pese a que a capital de Galicia é unha das cidades con máis metros cadrados de áreas verdes por habitante de toda a Península Ibérica.
O libro, impreso en papel reciclado e ecolóxico (procedente de bosques sustentables), divídese en dúas partes: a primeira céntrase nos parques máis representativos do núcleo urbano como a Alameda, San Lourenzo, Campus Sur, Eugenio Granell, Bonaval, Belvís,.... De cada un destes espazos faise un resumen da súa historia, singularidades e especies arbóreas. A segunda parte é unha guía botánica con fichas, fotos, debuxos e comentarios de 130 das especies arbóreas máis comúns nos parques e xardíns da cidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.01.2010.