Remata o prazo para participar nun certame que axuda aos universitarios a facer realidade os seus proxectos empresariais
O vindeiro venres 29 finaliza o prazo para que os mozos e mozas interesados en optar ao Premio a Proxectos Universitarios de Creación de Empresa, que promove a Fundación CEL-Iniciativas por Lugo como unha categoría máis dentro da duodécima edición dos seus ‘Premios Anuais á iniciativa, a actividade e a promoción empresariais’, presenten os seus traballos.
Esta categoría está pensada para que os mozos universitarios estudantes do terceiro ciclo, doutorandos, tesinandos, titulados nos últimos cinco anos ou que estean nos dous últimos cursos dunha licenciatura ou diplomatura, poidan facer realidade os seus proxectos empresariais, xa que supón unha axuda tanto económica como de asesoramento especializado e de proxección pública na súa traxectoria. Algúns dos proxectos premiados en edicións anteriores do certame, como Patatotas, Gimena Ingeniería, Pazo de Orbán ou Concepto Circo, son hoxe negocios produtivos.