Unha conferencia do catedrático Paulino Martínez pecha o ciclo sobre xenética que se está a desenvolver en Lugo
O catedrático de Xenética da USC, o profesor Paulino Martínez, impartirá este martes 26 de xaneiro ás 11:00 horas no Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo unha conferencia sobre as ‘Aplicacións da xenómica para a mellora en acuicultura’ na que analizará a aplicación de ferramentas biotecnolóxicas para favorecer o crecemento de diferentes especies de peixes.
O relatorio de Paulino Martínez pecha o ciclo relacionado coa mellora xenética e a evolución que nos últimos meses se desenvolveu no campus lugués baixo a organización do Departamento de Xenética da USC.