As universidades galegas e do Norte de Portugal exhiben o seu patrimonio dende 2006 no primeiro museo virtual universitario
A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais (CEER) impulsou hai catro anos o Museo Virtual Universitario da Eurorrexión creado grazas á colaboración activa das universidades públicas de Galicia e do Norte de Portugal.
O museo, o primeiro universitario de España, alberga recursos museísticos do patrimonio científico e cultural das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Porto, Tras os Montes e Alto Douro e Minho. A súa creación desenvolveuse cunha ferramenta do Google Earth que facilita a viaxe virtual pola Eurorrexión do Coñecemento.
Os responsables deste museo congratúlanse de que a Universidade de Barcelona acabe de pór en marcha outro museo de similares características, seguindo así os pasos da Fundación CEER.
As TICEsta experiencia pioneira enmárcase dentro das accións que o CEER desenvolve no ámbito da innovación social centrada nas ferramentas TIC´s. A creación dun campus en rede como é www.fceer.org permitiu crear un portal de encontro das comunidades universitarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
A conexión de 160 000 estudantes e 14 000 profesores facilitou diversas accións como o Club de Lectura virtual, o museo virtual universitario ou o Plan de Comunicación 2.0, coa presenza activa nas redes sociais, o que impulsa a conexión do coñecemento coa sociedade.