Lugo Cultural presenta a nova edición de 'Músicas a carón da Mosqueira'
Os representantes das cinco institucións que conforman o proxecto Lugo Cultural: a USC, a Consellaría de Cultura, a Deputación Provincial, o Concello de Lugo e a Fundación Caixa Galicia, presentarán este mércores 13 de xaneiro ás 12:30 horas na Sala de Prensa do Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo os concertos que se enmarcan na nova edición do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’.
Na presentación estarán a vicerreitora de Cultura da USC, Elvira Fidalgo; o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Carlos Rodríguez Andina; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo; e o xerente territorial da Fundación Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez.