Pasar al contenido principal

As editoriais universitarias españolas profundan esta semana en Santiago nos retos da edición

A UNE celebra en Santiago a súa asemblea xeral anual

A Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE), integrada por 62 editoriais e servizos de publicacións das universidades e centros de investigación españois, celebra en Santiago de Compostela a súa asemblea xeral anual a partir deste xoves 11, estendéndose o encontro ata o sábado 13. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, e o vicerreitor de Cultura, Javier Garbayo Montabes, serán os encargados de inaugurar a Asemblea este xoves, ás 09:00 horas na Sala Castelao da Facultade de Medicina. Asisten ademais o presidente da UNE, Fracisco Fernández Beltrán, e o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco. Baixo o lema ‘Os retos da edición na sociedade do saber’, a xuntanza profundará en diversas conferencias e mesas redondas nos desafíos dos servizos editoriais universitarios coas vistas postas no Espazo Europeo de Educación Superior, nos materiais de aprendizaxe, a visibilidade das revistas científicas en español e das novidades académicas, o libro dixital no espazo académico, os dereitos de autor ou os soportes de lectura dixitais, entre outros asuntos. Entrega Premios Nacionais de Edición Universitaria No transcurso desta asemblea celebrarase ademais a entrega dos XIII Premios Nacionais de Edición Universitaria, que este ano recaeron nas universidades Politécnica de Valencia, Salamanca, Huelva, Oviedo, Jaume I, UNED (en coedición coa Biblioteca de Autores Cristiáns), Deusto, o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O acto será este xoves ás 15:45 horas no Hostal dos Reis Católicos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.11.2010.