O libro de Ramón Fábregas Os petroglifos e o seu contexto preséntase en Vigo
O catedrático de Prehistoria da USC, Ramón Fábregas, presentará este mércores en Vigo a segunda edición do libro Os petroglifos e o seu contexto: un exemplo da Galicia meridional. A presentación celebrarase a partir das 19:30 horas na Casa do Libro de Vigo organizada polo Instituto de Estudos Vigueses. A obra expón os resultados das investigacións realizadas na área de Monte Penide (Redondela) e contextualizabase a arte rupestre ao aire libre en relación con outros fenómenos arqueolóxicos como o megalitismo ou os hábitats ao aire libre. No acto deste mércores preséntase unha segunda edición ampliada e actualizada, ante o éxito da súa antecesora.