Pasar al contenido principal

O CEER comparte cos universitarios chineses o seu Trofeo Interuniversitario Eurorrexional de Barcos Dragón

A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais (CEER) traducirá ao chinés a páxina web do I Trofeo Interuniversitario Eurorrexional de Barcos Dragón grazas á colaboración do Instituto Confucio da Universidade de Minho (Portugal). Esa modalidade deportiva ten o seu berce en China, e foi escollida para o Trofeo Eurorrexional pola súa longa tradición en Portugal, que se remonta á segunda metade do século XVI cando a rexión china de Macao foi ocupada polos portugueses, que colonizaron a fermosa cidade costeira ata 1999. O trofeo celebrouse en maio en augas do Miño, á altura de Tui, e contou coa participación de equipos mixtos pertencentes ás seis Universidades da Eurorrexión (Vigo, Santiago, A Coruña, Porto, Minho e Tras-os-Montes e Alto Douro).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.11.2010.