Pasar al contenido principal

Remata o I Congreso sobre Literatura e Violencia de Xénero

A través desta actividade a USC súmase a conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

A coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Trinidad de Miguel Bouzas, participa este xoves 25 a partir das 14:30 horas na clausura do I Congreso sobre Literatura e Violencia de Xénero ‘De Miss Marphle a Lisbeth Salander’ no que a USC colabora na súa organización, sumándose deste xeito aos actos organizados co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 de novembro. Cunha gran acollida e ampla participación do estudantado da USC, o congreso terá este xoves 25 como actos centrais a intervención da catedrática Ángeles de la Concha, unha conferencia da escritora Ángeles Caso na que presentará as súas reflexións sobre os malos tratos na literatura e unha mesa redonda na que se analizará a postura de escritoras e escritores fronte á violencia de xénero. Nela participarán Susana Fortes, Lola López Mondéjar, Nativel Preciado e Javier Reverte.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.11.2010.