O xurado do V Premio de Relato Curto da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC declara deserta esta convocatoria
O xurado do V Premio de Relato Curto da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC decidiu por unanimidade, nunha xuntanza celebrada este martes, declarar deserto o premio neste edición. Integraron o xurado a profesora Blanca A. Roig, como presidenta; Lourdes Ruibal, na secretaría; e as profesoras Mª do Socorro Ortega, Marta Neira e Iria Sobrino como vogais. O concurso, de carácter anual, estaba aberto á participación de todos os membros da Asociación cuxos relatos presentaran un tema inédito, de libre elección e redactado nunhas das dúas linguas oficiais de Galicia.