Pasar al contenido principal

Nova charla do grupo de posgraduados da Facultade de Física sobre os motores de busca

Os motores de busca centran este xoves 25 unha nova charla do grupo de posgraduados da Facultade de Física (DOC-MEET). Baixo o título ‘Search engines: a perspective focused on sentence retrieval and novelty detection’ intervirá, ás 17:00 horas na aula 140 do centro, Ronald Teijeira Fernández, enxeñeiro informático pola Universidade da Coruña e enxeñeiro técnico en sistemas informáticos pola USC que está a piques de rematar a súa tese doutoral no Departamento de Electrónica e Computación de Santiago. Estas charlas, que pretenden servir de foro de intercambio e debate de coñecementos para o persoal posdoutorado e estudantes de Física, prodúcense unha vez ao mes e sempre son eles os que interveñen, nunha un docente. Outra condición é que as charlas deben ser impartidas en inglés.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.11.2010.