Pasar al contenido principal

Motivación empresarial para os alumnos do obradoiro de emprego da Aula de Produtos Lácteos

Uniemprende-Lugo prosegue a súa actividade no presente curso coa organización dunhas novas xornadas de motivación empresarial nesta ocasión dirixidas ás persoas que participan no obradoiro de emprego da Aula de Produtos Lácteos. A actividade realizarase nas instalacións da aula e enmárcase dos obxectivos do programa Uniemprende da USC para difundir a cultura emprendedora entre a sociedade e a comunidade universitaria en especial.

Este seminario para a Difusión e Creación de Empresas terá lugar este martes 23 coa participación dos 30 alumnos do obradoiro. A finalidade básica desta iniciativa é a de amosar, a través de exemplos de experiencias reais de emprendedores, cómo se xeran as ideas empresariais para demostrar que calquera persoa pode realizar un proxecto empresarial. O contido da xornada estrutúrase en tres partes: o estudo da figura do emprendedor, o traballo sobre a idea de negocio, e o xeito de facer realidade e poñer en funcionamento a empresa. Uniemprende dará continuidade ás actividades dirixidas ao obradoiro da Aula de Produtos Lácteos nas vindeiras semanas a través de formación específica para xerar e madurar ideas empresariais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2010.