Pasar al contenido principal

A investigadora Ángeles López Agüera presenta o proxecto Ecoaldeas no Cume Mundial de Líderes Locais e Rexionais polo Cambio Climático

A investigadora Ángeles López Agüera, do Grupo de Aplicacións Enerxéticas Sostibles sa USC, acaba de presentar o proxecto de Ecoaldeas no terceiro Cume Mundial de Líderes Locais e Rexionais polo Cambio Climático (CGLU), celebrado a pasada semana na capital de México e ao que a investigadora acudiu convidada pola organización. Nesta edición do CGLU participaron preto de mil cidades de 136 países. O proxecto de Ecoaldeas, ten como obxectivo a autoxestión sostible a través da explotación de recursos enerxéticos renovables e recursos hídricos en poboacións dispersas. Neste momento, conta con oito proxectos piloto en diferentes estadios de execución en seis países da América Latina. O equipo responsable estuda actualmente cinco novas actuacións que amplíen o número de plantas piloto. Unesco

Á intervención ante o CGLU hai que sumar a presentación realizada a comezos de mes na sesión anual do Forum Euro Americano de Torino para desenvolvemento rexional (UNESCO) Baixo o lema ‘ Repensando as estratexias de desenvolvemento rexional para a próxima fase de globalización’, o encontro celebrouse en Sonora.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2010.