Pasar al contenido principal

Sete profesores da USC entre os máis produtivos de toda España no ámbito da Psicoloxía

Dous artigos na revista Psicothema analiza a produción científica dos investigadores en Psicoloxía atendendo as artigos publicados en revistas e ás teses dirixidas

Sete profesores da Facultade de Psicoloxía da USC atópanse entre os docentes funcionarios desta área máis produtivos de toda España, segundo dous artigos publicados na revista Psicothema. Os artigos, asinados por investigadores das universidades de Granada e a Autónoma de Ciudad Juárez (México), analizan a produción de artigos de revista e as teses de doutoramento dirixidas e rexistradas en Teseo. No primeiro caso, analizouse a produción científica dos profesores atendendo aos artigos rexistrados na base de datos Web of Science, ordenando os rexistros en funcións das seis áreas temáticas arredor das que se articula os estudo de Psicoloxía. Así, Elisardo Becoña, en Personalidade, avaliación e tratamento psicolóxico; Jesús Salgado Velo e José M. Sabucedo, en Psicoloxía Social; e Alfredo Campos García, e Psicoloxía Básica, atópanse entre os docentes cunha maior produción. Nas súas respectivas áreas, Alfredo Campos e Jesús Velo ocuparían o cuarto lugar do ranking, con 52 e 28 artigos respectivamente; seguidos de Elisardo Becoña, quinto en Persoalidade, avaliación e tratamento psicolóxico, con 47 artigos; e por José M. Sabucedo, décimo en Psicoloxía Social, cun total de 16 artigos. Teses de doutoramento No capítulo das teses de doutoramento dirixidas, Agustín Dosil Maceira sitúase entre os vinte profesores funcionarios de Psicoloxía de toda España que máis teses dirixiron, dezaseis en total. Xa no seu campo específico, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, o profesor Dosil ocupa o sexto posto da escala, moi de preto do primeiro, o doutor Hernández Hernández da Laguna con dezanove teses. Os outros dous profesores máis produtivos neste eido serían Constantino Arce Fernández da área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento, pola dirección de once teses, e Fernando Cadaveira Mahía con oito teses no ámbito da Psicobioloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.11.2010.