Pasar al contenido principal

A USC participa en Madrid no X Congreso Nacional de Medio Ambiente

A Universidade de Santiago de Compostela participa estes días en Madrid no Congreso Nacional de Medio Ambiente, unha cita bianual organizada pola Fundación CONAMA dende hai 18 anos e que nesta ocasión se presenta baixo o lema ‘Agora máis que nunca’. O encontro reúne a entidades académicas e sociais, ecoloxistas e expertos en materia de sustentabilidade e medio ambiente ‘Sustentabilidade e responsabilidade social. A estratexia da Universidade de Santiago de Compostela e os resultados obtidos’ é o título da comunicación técnica presentada pola Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible, dependente da Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade.

Ademais, neste congreso a USC coordina xunto coa Fundación CONAMA o grupo de traballo ‘ Responsabilidade social empresarial como ferramenta de competitividade’. O resultado do documento preliminar do grupo será presentado por Noelia Romero, profesora do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC, e Valentín Alfaya, director de Calidade e Medio Ambiente de Ferrovial. Posteriormente intercambiaranse experiencias empresariais nun debate moderado por Juan Piñeiro, profesor titular do de Economía Financeira e Contabilidade da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.11.2010.