Pasar al contenido principal

60 anos da área de Enxeñaría Química na USC

Presidiu o acto conmemorativo o reitor compostelán
Presidiu o acto conmemorativo o reitor compostelán

Foi no curso 1950-1951 e da man do profesor Joaquín Ocon García chega a Santiago cando a Enxeñaría Química comeza a súa andaina nas Universidade de Santiago. Por iso a ETSE quixo este xoves celebrar o 60 aniversario da área de Enxeñaría Química na institución compostelá nun acto no que interviñeron o reitor Juan Casares; o profesor Ad Honorem do Departamento de Enxeñaría Química, Manuel Bao; a presidenta do Colexio de Enxeñeiros Químicos de Galicia, Almudena Hospido; o director da Escola, Juan Manuel Lema; e o director do Departamento de Enxeñaría Química, Gumersindo Feijoo. O traballo da área de Enxeñaría Química nesta Universidade deu moitos froitos ao longo de todas estas décadas, destacando a súa participación directa na configuración dos diferentes planos de estudos que establecían o perfil profesional do Enxeñeiro Químico: Química, Química (Especialidade Industrial), Enxeñaría Técnica Industrial Especialidade Química Industrial, Enxeñaría Química e Grao en Enxeñaría Química. Ademais, a curto e medio prazo a proxección internacional da homologación dos estudos é un eixo de traballo para favorecer a inserción nun mercado laboral cada vez máis global. Cómpre destacar tamén o proceso actual de acreditación do Instituto Europeo de Enxeñeiros Químicos (IChemE) para os estudos de Enxeñaría Química, que pode significar un salto cualitativo na visualización do Departamento xa que abre as portas a un recoñecemento da formación dos titulados en practicamente todos os países occidentais así como nos das economías emerxentes. Doutoramento O Departamento mantén o Doutorado en Enxeñaría Química e Ambiental como o eixo vertebrador arredor do cal pivota a realización de teses e, por tanto, a formación de doutores, un dos resultados máis importantes na súa actividade investigadora. Dende 1953, no que Gabriel Tojo Barreiro e Fidel Mato Vázquez defenden as súas teses en Madrid, presentáronse máis de 154 traballos con doutorandos procedentes de Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, España, México e Perú. Asemade, o Departamento é pioneiro na consecución de doutoramentos europeos na USC, cun número cada vez maior de teses presentadas exclusivamente en inglés, o que facilita que os doutores formados no Departamento estean a traballar en empresas e centros de investigación de Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Dinamarca, Dubai, Francia, Estados Unidos, Holanda, México, Portugal, Reino Unido e Suecia. Transferencia de tecnoloxía O Departamento de Enxeñaría Química está integrado en 9 grupos de investigación cuxa actividade conxunta vén avalada pola alta cualificación en diversos índices internacionais da calidade investigadora. Por exemplo, de considerar o índice que mide o impacto das publicacións dun investigador ou dun grupo, a situación do conxunto dos centros de investigación e universidades españolas que posúen I+D en Enxeñaría Química a sitúa na posición 8 no ranquin mundial, sendo o Departamento de Enxeñaría Química da USC un dos centros de referencia –o segundo en España- que contribúe de forma importante a este recoñecemento. A sesión celebrouse na Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.11.2010.