Pasar al contenido principal

Comeza en Lugo un ciclo de música de cámara

A Real Filharmonía de Galicia, coa colaboración da USC, ofrecerá seis recitais na cidade

A Real Filharmonía de Galicia ofrece este mércores 13 ás 21:00 horas no Círculo das Artes de Lugo o primeiro recital do seu ciclo ‘Formacións de Cámara’, que interpretará na cidade coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC.
O quinteto de vento formado por Luís Soto (frauta), Esther Viúdez (óboe), Beatriz López (clarinete), Manuel Veiga (fagot) e Alfredo Varela (trompa) serán os protagonistas deste concerto, no que interpretarán as pezas Tango I e Tango II de Piazzola, Rondó caprichoso para quinteto de vento e Preludio para quinteto de vento, zarabanda e fuga de López García-Picos, e Suite para quinteto de vento de Colomina i Bosch.
‘Formacións de cámara’ é o primeiro ciclo que a Real Filharmonía de Galicia, orquestra xestionada polo Consorcio de Santiago, presenta en Lugo, e consta de seis concertos que se desenvolverán un mércores ao mes dende xaneiro a xuño con entrada gratuíta.
Este ciclo permite que a singularidade artística de cada un dos compoñentes da orquestra se plasme en proxectos de cámara, ao tempo que se consegue unir os conceptos de música e patrimonio, levando os concertos ao centro histórico da cidade.
Os asistentes aos recitais poderán gozar dun amplo repertorio camerístico da man dos solistas da orquestra que, para a ocasión, se agrupan en un sexteto, dous quintetos e tres cuartetos, con programas que inclúen pezas de compositores clásicos e contemporáneos. En total, escoitaranse en Lugo dezaoito obras musicais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.01.2010.