Pasar al contenido principal

Remata a 'Aula de saúde' para universitarios cunha charla sobre cancro

‘Aula de Saúde’ é a denominación do ciclo de conferencias que se desenvolveu estes últimos meses na Facultade de Medicina dirixido a todo o estudantado.
O ciclo chega ao seu fin este martes, 18 de maio, coa intervención de Rafael López, que falará sobre cancro e tumores ás 19:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía.
A finalidade desta actividade era proporcionar información e orientación sobre temas sanitarios de máxima prioridade para estudantes universitarios.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.05.2010.