Pasar al contenido principal

A promoción 1955-1960 de Dereito celebra este sábado as súas vodas de ouro

Os antigos alumnos da promoción 1955-1960 de Dereito da USC festexarán este sábado, 15 de maio, a súa volta ás aulas de Compostela. Ás 12,30 reuniranse na Aula 4 da Facultade de Xeografía e Historia, onde estudaron, para rememorar os seus anos universitarios xunto co decano da Facultade de Dereito, Luis Miguez Macho; o presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Perfecto Yebra Martul-Ortega; o profesor José Mª de Frutos Isabel como representante dos antigos profesores da facultade; e o representante dos alumnos, Jesús Varela Fraga.
Ás 14:00 horas descubrirán no Recanto da Saudade (no Campus Vida, fronte ao Sanatorio da Esperanza) a placa que conmemora as Vodas de Ouro da promoción.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.05.2010.