Pasar al contenido principal

Fondo pesar na USC polo falecemento do profesor Herminio Barreiro

O falecemento este sábado pasado do profesor da USC Herminio Barreiro enche de pesar á comunidade universitaria, que quere trasladarlle á súa familia e achegados as súas máis sinceras condolencias. Herminio Barreiro (1937, Dorrón-Sanxenxo), un dos integrantes do grupo Brais Pinto de estudantes galegos en Madrid, exerceu dende 1976 como profesor na Universidade de Santiago impartindo clases sobre Historia de Educación. Dirixiu a revista Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación que promoven as tres universidades galegas, aínda que se lle recordará sempre polo seu libro de memorias Recordar doe, publicado por Xerais e cuxa edición está case esgotada.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.11.2010.