Pasar al contenido principal

As Xornadas de Turismo e Natureza organizadas polo Ibader preséntanse este venres en Foz

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) organiza unha nova edición das ‘Xornadas de Turismo de Natureza’ no concello de Foz que se desenvolverán os días 19, 20, 26 e 27 de novembro no Centro de Interpretación da Mariña (Cenima) e na Escola Obra Pía de Fazouro, en Foz. Dentro do Ano Internacional da Biodiversidade este curso de formación, dirixido polo docente e vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación, Pablo Ramil Rego, busca achegar aos alumnos universitarios e a investigadores e profesionais vinculados cos campos da xestión do territorio, da biodiversidade e do turismo, unha visión integradora das novas perspectivas do turismo de natureza así coma dos criterios de sustentabilidade que deben rexer esta rama.

Esta actividade programada dende o Campus de Lugo, realízase en colaboración co concello de Foz e o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e será presentada este venres 5 de novembro ás 11 horas no salón de actos do Concello de Foz polo director do curso, Pablo Ramil Rego, e o alcalde desta localidade, José María García Rivera.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.11.2010.