Pasar al contenido principal

O Premio Nobel Samuel Ting pecha as visitas da quinta edición do Programa Conciencia

A falla de Attenborough, que este mes recolle en Santiago o Premio Fonseca

A dez días da presenza en Santiago do naturalista e divulgador británico David Attenborough para recoller o III Premio Fonseca, esta semana o Programa ConCiencia recibe a visita do Premio Nobel de Física en 1976, Samuel Chao Chung Ting que, xunto con Burton Richter, viu premiado pola Academia sueca o seu traballo pioneiro no descubrimento dun novo tipo de partícula elemental pesada O físico estadounidense ofrecerá o xoves 11, ás 20:00 horas no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18), a conferencia ‘O AMS na Estación Espacial Internacional: un experimento para buscar o Universo de antimateria e as orixes da materia escura e radiación cósmica’ Ese mesmo día pola mañá recibirao o reitor ás 10:30 horas, manterá un encontro cos medios de comunicación ás 11:00 horas no Colexio de Fonseca e finalmente, ás 12:45 horas na Facultade de Física, reunirase con alumnos e investigadores dese centro. Revolucionario Ting descubriu en 1974 a partícula J/psi, o primeiro estado composto formado por quarks e antiquarks pesados, revolucionando así a física de partículas por ser absolutamente inesperada a longa vida destes estados. Este Premio Nobel é un dos iniciadores dos grandes experimentos en física de partículas que coñecemos na actualidade. Desde principios dos 90 dirixiu o experimento espacial AMS dedicado á busca de antimateria no espazo exterior e cuxa segunda fase inclúe o seu lanzamento o próximo mes de febreiro desde o Kennedy Space Center no transbordador espacial Endeavour rumbo á Estación Espacial Internacional, na que será a última misión da historia dos transbordadores espaciais que comezara en 1981 co Columbia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.11.2010.