Pasar al contenido principal

Actos de fin de carreira de Ciencias Empresariais e Enxeñaría de Montes en Lugo

Os cento cinco alumnos da XXX promoción da Diplomatura en Ciencias Empresariais que se imparte na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo celebran este venres 14 o seu acto de fin de carreira.
Esta celebración comezará ás 19:00 horas no Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo presidida polo vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero. Intervirán tamén o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e padriño da promoción, Antonio Fontela; o decano da facultade, Luís Gago; a representante dos alumnos, Cristina García; o decano do Colexio Oficial de Economistas de Lugo, Salustiano Velo; e a concelleira de Cultura do Concello, Nuria Mundiña.
Enxeñeiros de MontesO acto de fin de carreira dos alumnos da última promoción de Enxeñaría de Montes terá lugar este sábado 15 ás 12:00 horas no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo.
O profesor Roque Rodríguez Soalleiro presidirá este acto que contará tamén coa participación da profesora Elvira Antonia Díaz e dun representante dos alumnos que farán unha presentación con fotografías e diapositivas, e do profesor da EPS, Javier Bueno, que entregará as orlas a este grupo de estudantes que remata a carreira.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2010.