Pasar al contenido principal

O reitor Juan Casares asiste en Braga a unha xuntanza do Proxecto de Formación Continua da Fundación CEER

Carlos Ferrás e Juan Casares (primeiros pola esquerda) na xuntanza de Braga deste xoves
Carlos Ferrás e Juan Casares (primeiros pola esquerda) na xuntanza de Braga deste xoves

O reitor da USC, Juan Casares, asistiu este xoves en Braga a unha xuntanza de traballo na que se abordou o Proxecto de Formación Continua da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia Norte de Portugal (CEER). No encontro tamén estiveron presentes o director da Fundación CEER, o profesor Carlos Ferrás; o presidente da mencionada Fundación e reitor da Universidade de Minho, António Cunha; o presidente da Associaçao Empresarial de Portugal, Valente de Oliveira; e o vicerreitor da Universidade de Minho, Rui Veira de Castro. A xornada en Braga comezou cun encontro entre os dous reitores que deu paso á xuntanza na que se analizaron os detalles do Proxecto de Formación Continua, iniciativa que ofrecerían as universidades implicadas no CEER a traballadores en activo e empresarios, en modalidade en liña.

No encontro avaliáronse tamén as posibilidades de formación continua do Fondo Social Europeo, e iniciouse unha reflexión sobre a posibilidade de abrir o padroado da Fundación CEER á incorporación da asociación empresarial portuguesa e á Confederación de Empresarios de Galicia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.07.2010.