Pasar al contenido principal

Un curso de verán aborda a reforma do financiamento local

A reforma do financiamento local’ será obxecto de análise na Universidade de Verán 2010 no transcurso dun dos cursos programados pola USC entre os días 19 e 22. A cita será no Salón de Actos da Facultade de Dereito cunha carga lectiva de 30 horas e baixo a dirección do profesor César García Novoa.

Impartirán os relatorios especialistas en dereito financeiro e tributario, dereito administrativo, economía aplicada e en dereito fiscal das universidades de Vigo, Santiago, Complutense de Madrid, Lovaina (Bélxica) e da Robert Schuman de Estrasburgo (Francia), así como representantes das administracións autonómica galega e local.

Partindo dunha análise do marco institucional da Facenda Local en Galicia, no encontro tratarase o control de legalidade e eficiencia do gasto público local, novas fontes de financiamento, a reforma do sistema fiscal local, o papel dos consorcios, a liberalización dos sector de servizos e os seus efectos, taxas e prezos públicos ou aspectos fiscais do urbanismo, entre outros asuntos. O curso rematará coa celebración dunha mesa redonda na que se debaterá sobre o futuro das finanzas locais”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.07.2010.