Pasar al contenido principal

Os docentes de Enxeñaría Química aprenden técnicas específicas para as clases interactivas que veñen

Estes días 12 e 13 de xullo na Escola Técnica Superior de Enxeñaría está a ter lugar un curso sobre innovación docente no eido da Enxeñaría Química que se enmarca nas accións de mellora da docencia para a posta en marcha do novo Grao en Enxeñaría Química acreditado xa pola Aneca. O curso ten dous bloques ben diferenciados. No primeiro, con sesións a cargo dos profesores da USC Gumersindo Feijoo e Isabel Vidal, estúdanse exemplos sobre a aplicación de Excel na resolución de problemas de balances de materia i enerxía, transferencia de materia, control de procesos e integración enerxética. Xa no segundo analízanse as accións de innovación docente que nos últimos tres anos puxo en marcha o Departamento de Enxeñaría Química da Universidade Rovira i Virxili. Co curso preténdese dar a coñecer ao conxunto do PDI as diferentes opcións específicas paras as clases expositivas e interactivas que se impartirán a partir do curso que vén.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.07.2010.