Pasar al contenido principal

Filósofos iberoamericanos discutirán en Santiago a concepción estruturalista das teorías científicas

Promover calquera tipo de achega, incluíndo a crítica, á análise estruturalista das teorías científicas é o propósito do VII Encontro Iberoamericano de Metateoría Estruturalista que terá lugar do 13 ao 16 de setembro na Facultade de Filosofía da USC. No simposio, organizado na USC polos profesores Xavier de Donato Rodríguez, José L. Falguera e Juan Vázquez, intervirán nove conferenciantes convidados, entre os que destacan C. Ulises Moulines e Joseph D. Sneed, ademais de desenvolverse varias comunicacións que serán seleccionadas por un comité científico. As persoas asistentes debaterán acerca de calquera aspecto relacionado coa metateoría estruturalista, como pode ser a reconstrución de teorías ou os problemas xerais da filosofía da ciencia desde esa perspectiva. En concreto, a estrutura lóxica da teoría do valor-traballo, as claves estruturais para a avaliación do éxito teórico, as prácticas científicas na Ecoloxía de Poboacións, ou as controversias sobre as leis nas ciencias sociais son cuestións que de maneira específica serán, xunto a outras moitas, tratadas en profundidade neste congreso.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.09.2010.