Pasar al contenido principal

Reflexionan sobre as tecnoloxías que invaden a privacidade dos cidadáns

No ano 1949 George Orwell formulaba de maneira visionaria na súa obra 1984 unha reflexión sobre a vixilancia e o control social. A Universidade de Verán 2010 retoma este campo de análise no curso ‘ Redefinindo a privacidade. Orwell 2010’. A finalidade é obter unha descrición clara das novas tecnoloxías utilizadas polos poderes públicos e grandes corporacións, mediante as que seguen e controlan ao cidadán no seu devir social ou mesmo privado. Fronte isto, os promotores deste curso estival formulan igualmente como obxectivo obter un claro coñecemento dos instrumentos de garantía que, fronte ás denominadas “tecnoloxías invasivas”, ofrecen os Estados e asociacións de Estados. Esta proposta estival celebrarase este xoves 9 e o venres 10 na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC baixo a dirección de Ramom Lôpez-Suevos e co financiamento dea CIG e do Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades (Esculca). A inauguración oficial comezará ás 9:00 horas no Auditorio da Facultade compostelá.

Tecnoloxías e privacidade internacional, a seguranza como xestión de riscos, tecnoloxías dixitais para o control, dereitos fundamentais e control do estado son os temas que guiarán os debates nestes dous días nos que Orwell recuperará actualidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.09.2010.