Pasar al contenido principal

A Cátedra Johnson&Johnson de Promoción da Saúde Oral da USC entregou en Barcelona os seus primeiros premios de investigación

Deborah Violant recibindo a credencial do premio de mans de Pedro Diz
Deborah Violant recibindo a credencial do premio de mans de Pedro Diz

A Cátedra Johnson&Johnson de Promoción da Saúde Oral da USC aproveitou a celebración en Barcelona da sesión xeral da International Association for Dental Research (IADR) para entregar alí os seus premios de investigación, na súa primeira edición, destinados a recoñecer

o esforzo de persoas que desenvolven en España a súa actividade no ámbito das ciencias odontolóxicas.

Os premiados nesta primeira edición foron Deborah Violant, como primeira asinante do traballo ‘ New associations between chronic periodontitis and atherosclerosis’, e Maher Alatari Abouasi pola investigación ‘Isolation of pluripotent stem cells from human dental pulp of the third molars’. O xurado que decidiu os galardóns por unanimidade estivo presidido pola vicedecana da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, María Jesús Mora Bermúdez, e integrado por Juan Manuel Seoane Lestón, Inmaculada Tomás Carmona, Jacobo Limeres Posse e Pedro Diz Dios, director da Cátedra.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.09.2010.