Pasar al contenido principal

Un congreso en Historia profunda no coñecemento do ser humano a través da arte

O director da Real Academia das Belas Artes de San Fernando, Antonio Bonet, pronuncia a conferencia inaugural

‘Mirando a Clío, a arte española reflexo da súa historia’ é o lema do XVIII Congreso Español de Historia da Arte que o vindeiro luns 20 comezará no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). De periodicidade bianual, organízao o congreso o Departamento de Historia da Arte da USC en colaboración co Comité Español de Historia da Arte (CEHA). A inauguración celebrarase a partir das 16:00 horas coa presenza do director da Real Academia das Belas Artes de San Fernando, Antonio Bonet Correa, coa conferencia inaugural ‘Pluralidade e unidade da Arte Española’. Nesta edición, que se vai desenvolver ata o próximo día 24, participan máis de trescentos especialistas entre investigadores, profesionais e estudantes que compartirán coñecementos, achados e experiencias que reforcen o valor da historia da arte como disciplina fundamental para o coñecemento do ser humano nas súas múltiples facetas. As intervencións programadas para as distintas xornadas do congreso agrúpanse en sete seccións temáticas etiquetadas como proxectos e a innovación no ámbito xacobeo; a marxinalidade e os marxinais; comunidades e individuos; quimeras e especulacións; identidades; Historia da Arte e docencia; e a memoria da cidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.09.2010.