Pasar al contenido principal

O profesor Jesús Devesa premiado pola Federación Almeriense de Axuda á Discapacidade

Polo seu traballo na recuperación do dano no sistema nervioso central e periférico en persoas con dano neurolóxico adquirido

O catedrático de Fisioloxía Humana da USC Jesús Devesa acaba de
ser premiado pola Federación Almeriense de Axuda á Discapacidade (FAAM) que lle outorgou o seu premio de Ouro á Investigación.

A concesión quere recoñecer o traballo investigador e clínico desenvolvido por Devesa no eido da recuperación do dano nervioso central e periférico en pacientes de todas as idades que padecen Dano Neurolóxico Adquirido. Os galardóns da FAAM, en diferentes categorías, recoñecen o labor de persoas ou entidades que traballan en calquera ámbito que afecte ás persoas con discapacidade. A Federación recoñece ao mesmo tempo o exemplo de persoas que conseguiron que a súa discapacidade non sexa un obstáculo. Os premios Faam de Ouro chegaron este ano á súa sétima edición, na que tamén foi recoñecido o traballo do Ajuntament de Barcelona, a Unidade de Transplantes do Hospital Reina Sofía de Córdoba e a Universidade de Almería.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.12.2010.