Pasar al contenido principal

A Gala do Atletismo Galego premiará a tempada 2009-2010 da USC

A entrega de premios celébrase este venres en Lugo

A sección de atletismo da USC que dirixe Iván Sanmartín será galardoada na Gala do Atletismo Galego que terá lugar este venres 10 en Lugo en recoñecemento á súa traxectoria na temporada 2009-2010, na que destacan varios títulos de campións galegos e estatais en diferentes categorías e disciplinas. O acto celebrarase a partir das 19:00 horas, no Salón de Actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, estando prevista a asistencia do vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo, e do responsable da Área de Deportes, Mariano García Verdugo. Así mesmo, e a nivel individual, tamén serán premiados os atletas veteranos da USC Manuel Vigo Otero -subcampión de España de Campo a través na categoría M45- e Xosé Luís Otero Cepeda -campión de España de 3000 m en pista cuberta e campión de España de Campo a través na categoría M55-. Tamén verán recoñecida sas súas tempadas os atletas Carlos Villamor como subcampión mundial coa selección española universitaria por equipos na categoría absoluta e Manuel Hurtado, tamén na categoría absoluta, polo seu concurso no Campionato de España Universitario.

Por último, tanto Xosé Luís Otero Cepeda como Manuel Bello García están nomeados ao título de mellor atleta veterano galego do ano.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.12.2010.