Pasar al contenido principal

O Campus de Lugo vive a súa xornada de intercambio cultural coa celebración do International Day

Os estudantes do Campus de Lugo puideron este martes coñecer as particularidades culturais de países de todo o mundo
Os estudantes do Campus de Lugo puideron este martes coñecer as particularidades culturais de países de todo o mundo

A USC, en colaboración coa Asociación Enxebre Compostela, celebrou este martes os International Day do curso 2010-2011 no Campus de Lugo. Coa organización desta xornada, os alumnos estranxeiros na Universidade de Santiago presentaron os seus países a toda a comunidade universitaria a través dunha serie de actividades que se desenvolveron na Escola Politécnica Superior.

Os países que tiveron representación nos stands este ano foron Uzbekistán, Paraguai, Perú, Colombia, Bolivia e Italia, aínda que tamén participaron representantes de Kizijistán. Os estudantes do campus lugués interesáronse pola cultura e gastronomía dos diferentes países e intercambiaron impresións e dúbidas cos seus representantes, algúns deles desprazados dende o Campus Compsotelán, onde xa se celebrou o International Day o pasado día 2. No salón de actos da Politécnica realizáronse varias presentacións e déronse a coñecer os programas de intercambio vixentes na USC. Nestes actos participaron, entre outros, o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, a adxunta para Estudos de Grao e Posgrao, María Isabel González Rey, e o director da EPS, Javier Bueno. Contidos Nos diferentes stands houbo presentacións, fotografías, música e gastronomía propia dos diferentes países con representación. O material está pensado para dar a coñecer de primeira man aspectos interesantes de cada cultura dende a perspectiva dos estudantes foráneos. O obxectivo é abrir as portas, favorecer a integración e conseguir que os estudantes da USC coñezan as posibilidades dos diversos destinos para o intercambio académico a través de programas coma o Erasmus.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.12.2010.