Pasar al contenido principal

O reitor da USC preside a toma de posesión da nova decana da Facultade de Bioloxía

A profesora de Biotecnoloxía Vexetal María Luz González Caamaño tomará posesión este mércores, 22 de decembro, do seu cargo como decana da Facultade de Bioloxía, nun acto presidido polo reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares. A toma de posesión terá lugar ás 14:00 horas no Salón de Graos do Colexio San Xerome. María Luz González estará acompañada do seu equipo, o profesor Javier Iglesias Piñeiro, como vicedecano, María del Carmen Monterroso Martínez, como vicedecana, e Miguel Ángel Rodríguez Díaz, como secretario. González Caamaño, directora do Grupo de Investigación de Biotecnoloxía e Conservación da flora ameazada, foi elixida decana o pasado 19 de outubro por un período de catro anos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.12.2010.