Pasar al contenido principal

A Universidade de Valladolid concédelle ao profesor Juan Lema a medalla de ouro de enxeñaría

Juan Lema acaba de recibir a medalla de ouro de enxeñaría 2010 da Universidade de Valladolid
Juan Lema acaba de recibir a medalla de ouro de enxeñaría 2010 da Universidade de Valladolid

O profesor e director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Juan M. Lema Rodicio, acaba de recibir a medalla de ouro de enxeñaría 2010 da Universidade de Valladolid “por ter colaborado na transformación dun departamento tradicional nunha escola universitaria moderna con amplo recoñecemento no campo da enxeñaría química. Prémianlle ademais "ter servido como catalizador da Conferencia de Directores e Decanos de Enxeñaría Química (CODDIQ), que xogou un importante papel na consecución do máster nesa disciplina". En ocasións anteriores recibiron esta medalla os presidentes de Técnicas Reunidas, Jose Lladó, e de Agbar e de Caixa de Pensions, Ricard Fornesa; os

profesores Jesús Santos e Fidel Mato, creadores da Química Técnica na Universidade de Valladolid; o ex reitor e ex secretario de Estado, Fernando Tejerina; e o ex reitor e ex conseller da Generalitat de Catalunya, Carles Solá.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.06.2010.