Pasar al contenido principal

Comezou en Medicina o XII Congreso Internacional de Cirurxía para Estudantes

Ata o próximo sábado 4 de decembro a Facultade de Medicina acolle un ano máis o XII Congreso Internacional de Cirurxía para Estudantes, novamente promovido polo Grupo Independiente de Medicina (Gime). Inaugurado este mércores no centro compostelán, o congreso ofrece ao alumnado desta titulación un contacto con múltiples personalidades da medicina en xeral e da cirurxía en particular, tanto do ámbito nacional como as figuras de máis renome do panorama internacional. O programa botou a andar coa intervención do xefe do servizo de cirurxía xeral do Hospital Xeral de Vigo, Pedro Gil. Xa pola tarde, o congreso abordará nunha mesa redonda as últimas novidades en uroloxía para logo continuar cunha conferencia de Diego Rivas, do Servizo de Cirurxía Torácica do CHUAC, titulada ‘Cirurxía videotoracoscópica para o tratamento do cancro de pulmón’. A xornada do xoves 2 comezará coa presentación de Estudiantes Sin Fronteras, ás 10:15 horas, o que dará paso a conferencia ‘Novidades en estimulación cerebral’ a cargo de Miguel Gelabert do Servizo de Neurocirurxía do CHUS. Completando a sesión matinal, o director do Servizo de Cirurxía Xera le Dixestiva do Hospital Universitario Madrid Sanchicharro, Emilio de Vicente, falará sobre ‘ Cirurxía robótica en cirurxía do aparato dixestivo’.

A presentación de comunicacións orais de estudantes abrirá o programa pola tarde, a partir das 16:30 horas, dando paso a unha mesa redonda na que se analizarán os últimos avance sen cirurxía ortopédica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.12.2010.