Pasar al contenido principal

Segunda sesión das xornadas interxeracionais en Xermade

As xornadas interxeracionais rurais celebran este sábado a súa segunda sesión na localidade de Xermade, onde se están a celebrar baixo o lema ‘Aprendendo cos nosos maiores’. O encontro concluirá o próximo 12 de xuño, coa terceira e última sesión.

As xornadas están dirixidas fundamentalmente aos maiores ofrecéndolles charlas, presentacións de ofertas de programas, visitas e festas culturais. Non obstante terá unha especial importancia a interacción cos máis novos a través do desenvolvemento de traballos conxuntos, facilitando así a transmisión de coñecementos duns a outros.

Nas dúas xornadas restantes, este sábado e o próximo, está prevista a participación dos profesores da USC Mar Lorenzo e Miguel A. Santos Rego, así como representantes das asociacións galegas de Lupus e Fibromialxia ou do Servizo de Reumatoloxía do Xeral-Calde. Estas intervencións complementaranse con diversas visitas e outras actividades de natureza cultural. Para máis información, visitar a web: http://www.nova-escola-galega.org/almacen/documentos/Cabreiros.pdf.

Ligazóns relacionados:

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.06.2010.