Pasar al contenido principal

Clausura do Curso de Innovación 360º

Trátase dunha actividade organizado pola USC e a Fundación da Innovación Bankinter

A USC, en colaboración coa Fundación da Innovación Bankinter, celebran este xoves 3 a xornada de clausura do ‘Curso de Innovación 360º’, programa académico impartido ao longo do presente curso por ambas as dúas institucións, e no que participaron un total de 24 alumnos, rigorosamente seleccionados polos seus méritos académicos e pertencentes a distintos centros da USC. A xornada comezará ás 16:00h na Aula de Formación do edificio Emprendia.
Neste ocasión, o alumnado seleccionado procedía de Administración e Dirección de Empresas, Bioloxía e Biotecnoloxía, Ciencias Políticas, Dereito, Farmacia, Filosofía, Informática, Enxeñería Agrónoma, Enxeñería Química e Química.
O ‘Curso de innovación 360º’ é un programa de formación único pola súa natureza e método dirixido a estudantes dos últimos cursos de carreira e doutorandos que se implantou nas mellores universidades de España desde 2006.
As liñas mestras do curso baséanse nun método innovador de análise de casos, a participación dun profesorado formado por expertos internacionais e unha dotación de contidos de alto nivel. O obxectivo do programa é o desenvolvemento de capital intelectual, promover as habilidades que permiten xestionar a innovación en diferentes ámbitos, fomentar a actitude innovadora como fonte de vantaxes competitivas sostibles e impulsar o espírito emprendedor entre os alumnos.
Nesta primeira edición participaron como docentes, entre outros, Fernando Alfaro, patrón da Fundación da Innovación Bankinter e socio fundador de Madiva; o director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Juan M. Lema; o catedrático de Matemática Aplicada da USC, Alfredo Bermúdez de Castro; o catedrático de Economía Financeira da USC, José Antonio Redondo López; e o tamén profesor da USC, Urbano Fra.
Ademais das sesións lectivas, o curso conta co que se denomina "Encontros Akademia", sesións especiais con relatores externos relevantes que veñen contar a súa experiencia tanto persoal como profesional como emprendedores e empresarios. Acudiron a estes encontro Salvador Mais, Openfinance; Jesús Herrasti, do Grupo Mondragón; e Laureano Simón, de Progenika.
A Fundación da Innovación Bankinter creou este programa dirixido aos futuros empresarios e emprendedores co obxecto de proporcionarlle o método, material e contidos así como a participación de profesorado experto. Pola súa banda, a USC achega igualmente profesorado experto e cede instalacións así como recursos técnicos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.06.2010.