Pasar al contenido principal

Investigadores debaten arredor da distinción entre modernismo e posmodernismo no marco do relato curto inglés

Investigadores debaten arredor da distinción entre modernismo e posmodernismo no marco do relato curto inglés
Investigadores debaten arredor da distinción entre modernismo e posmodernismo no marco do relato curto inglés

O Seminario Internacional ‘Modernismo e Posmodernismo no relato curto inglés’ comezará este mércores 27 na Facultade de Filoloxía, onde se vai celebrar ata o próximo sábado 30, a modo de encontro con investigadores de recoñecido prestixio arredor da problemática da distinción entre modernismo e posmodernismo no marco do relato curto inglés e, por extensión en inglés. A inauguración oficial da xornada presidiraa, ás 10:00 horas no Salón de Actos do centro, o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González, ao que acompañarán o decano da Facultade, Ernesto González; o director do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá, Luis Iglesias Rábade, e os co-presidentes do Comité Organizador Jorge Sacido e Laura Lojo. O programa comezará coa conferencia plenaria de Tim Amstrong, da Universidade de Londres, que tratará a relación entre a totalidade e o incompleto nos relatos curtos, prestando especial atención ao carácter incompleto do desexo como modo de explorar cuestións formais en textos que van dende Joyce ata David Mitchell. Segundo explican os organizadores deste encontro internacional, os termos modernismo e posmodernismo, fóra do seu uso común, seguen a ser parte da terminoloxía teórico-crítica especialmente no ámbito anglosaxón. Trátase de propostas “non exentas de ambigüidade semántica cando se intenta definir e establecer as súas correlacións”, engaden os promotores do seminario.

Os participantes abordarán estas cuestións e outras directamente relacionadas coa clasificación xenérica, a periodización, a temática, a técnica, a produción, a ideoloxía ou a nacionalidade, entre outros asuntos. En opinión dos seus responsables, ‘Modernismo e Posmodernismo no relato curto inglés’ oriéntase a revivir o debate teórico-crítico no seo do ámbito académico, incluíndo como destinatarios non só aos investigadores no campo dos estudos ingleses, senón tamén a alumnos de Filoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.10.2010.