Pasar al contenido principal

Charla do investigador Juan Sabín na Facultade de Física

O investigador do Departamento de Física Aplicada da USC, Juan Sabín, ofrece este xoves, 3 de xuño, unha charla organizada polo grupo de posgraduados da Facultade de Física (DOC-MEET).
A intervención, ás 17:00 horas na aula 140 da Facultade, leva por título ‘Interplay between phase separation and crystallization: A colloidal experiment at international space station’.
Os coloides, partículas microscópicas, son usadas diariamente en diversos procesos industriais. Algunhas das súas importantes aplicacións atópanse na purificación de augas, na liberación de fármacos ou na industria alimentaria. Xa desde un punto de vista máis teórico, os coloides serven tamén como modelos de sistemas atómicos e moleculares.
Na súa charla Sabín presentará os estudos da relación entre a fase de separación e cristalización dos coloides ‘superátomos’ en condicións de microgravidade na Estación Espacial Internacional.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.06.2010.