Pasar al contenido principal

A USC anima aos estudantes a participar no Voluntariado Xacobeo 2010

O alumnado da Universidade de Santiago está chamado a asistir o vindeiro mércores, 9 de xuño, á presentación do Voluntariado Xacobeo 2010 polo que, de participar, poden obter créditos de libre configuración.

A presentación, ás 11:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito, correrá a cargo de Beatriz Barbeito García, coordinadora xeral do programa.

O programa destínase a toda aquela persoa interesada en colaborar en tarefas basicamente informativas, culturais e de enlace entre outros organismos ou persoas. Concretamente, o programa establece catro tipos de colaboracións: de información, cultural e de servizos; de información móbil ao pé do Camiño; de acompañamento de grupos; e de sabedoría.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.06.2010.