Pasar al contenido principal

A Cátedra Juana de Vega reunirá a expertos internacionais no estudo das independencias americanas con ocasión do seu bicentenario

A Cátedra Juana de Vega organizará do 5 ao 8 de xullo na Coruña o congreso ‘Entre imperio e nacións: Iberoamérica e o Caribe ao redor de 1810’. O fin, segundo os seus organizadores, é analizar “o sentido daquel momento tan singular dende unha perspectiva global e atlántica”.

O encontro, que coordina a profesora da USC Pilar Cagiao e o profesor da UPV José María Portillo, reunirá a un grupo de moi destacados especialistas procedentes de diversas universidades españolas e americanas para ofrecer unha análise conxunta da experiencia da crise que se viviu na época estudada.

En cada unha das catro sesións, as intervencións programadas articúlanse noutros tantos bloques temáticos nos se profundará nas crises dos imperios atlánticos, formas de autonomía e independencia, significado e e consecuencias da independencia, e rebelión e resposta.

A inscrición é gratuíta previa inscrición na Fundación Juana de Vega, ata completar o aforo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.06.2010.